Escuchar

Estamos que nos brotamos as mans da cantidade de eventos culturais, musicais e de lecer que encherán de notas de cor cada rincón de Galicia. Desde o 112, convidámoste a que botes unha ollada á programación cultural e festeira prevista para este verán e que, escollas a opción que escollas, pensa que sempre o poderás pasar mellor se lle pos algo de sentidiño. Para axudarche nesta tarefa, quédate con estas recomendacións que cremos que che resultaran de moita utilidade para garantir a túa seguridade e a dos teus. 

Cando asistimos a un acto multitudianario o primeiro que debemos facer é comprobar que o recinto conta con todas as medidas de seguridade. Ademais, 

  • Localizamos e memorizamos as saídas de emerxencia, xa que no caso de ter que abandonar o lugar, debemos empregar a que estea máis preto de nós
     
  • Comprobamos se hai barreiras, sinais de dirección ou altofalantes a través dos que a organización poida dar indicacións sobre a onde dirixirnos en caso de emerxencia
     
  • Se é necesario, preguntamos á organización se teñen contemplado un plan de evacuación
     
  • No caso de ter que evacuar o recinto, facémolo de forma ordenada e seguindo as indicacións do persoal de seguridadeCalma. Non perdemos o tempo recollendo as túas pertenzas
     
  •  ​Se hai que desaloxar, camiñamos rápido pero sen correr. Non empregamos ascensores
     
  • Se vemos algún obxecto sospeitoso afastámonos del, evitamos que outras persoas se acheguen e, sen tocalo, avisamos axiña ás forzas de seguridade

  • Non estaría de máis que establecésemos algún sistema de comunicación cos nosos acompañantes para estarmos localizados en todo momento e poder pedir axuda en caso de que sexa necesario