Non poñas en risco a túa vida nin a de ninguén

Control de alcolemia

Entroido si, pero alcohol cando tes que conducir, non. Así que, se andas de entroidada, dende o 112 Galicia recordámosche que coche sempre debe estar a punto, xa que canto máis seguro e cómodo, mellor para todos, pero tamén lembra que:

  • Os teléfonos móbiles e os instrumentos de navegación son útiles e necesarios, pero tamén un elemento de distracción
     
  • As présas nunca foron boas. Respecta os límites de velocidade
     
  • Ao volante nin unha soa pinga de alcol
     
  • Que nada che reste visibilidade, nin disfraz nin equipaxe