Escuchar
xoves, 20 Setembro, 2018

Os servizos de emerxencias controlan unha fuga de gas producida na Rúa Méndez Núñez de Cangas mentres realizaban unhas obras de remodelación na zona.

Por fortuna, ninguén resultou ferido e o escape foi interrompido en canto cortaron a subministración.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o suceso produciuse ás 9:20 horas de hoxe e ata o lugar desprazouse unha dotación do Servizo Municipal de Protección Civil de Cangas e os axentes da Policía Local. Desde o 112, tamén se avisou aos Bombeiros do Morrazo e Vigo, aínda que a fuga estaba controlada e os técnicos da empresa suministradora traballan xa no punto tratando de restablecer o servizo.

Ademais, co fin de garantir a seguridade, os axentes da Policía Local manteñen acordonada a zona mentres duren as tarefas de reparación e reactivación da subministración.