Escuchar
xoves, 20 Setembro, 2018

Os servizos de emerxencia acudiron ao rescate dunha persoa que rematou nunha zona de difícil acceso ao caer do Pozo da Ferida, en Xove.

Un particular contactaba co 112 Galicia uns minutos antes das 14:00 horas para alertar do ocorrido. Decontado, o persoal do 112 Galicia requiriu a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Viveiro, do GES de Cervo, de Protección Civil e da Garda Civil.

Unha vez no lugar dos feitos, os servizos de emerxencia rescataron á persoa, que foi trasladada polos efectivos sanitarios ao Hospital da Costa.