Escuchar
luns, 18 Xuño, 2018

Un motorista resultou ferido de consideración despois de sufrir unha caída coa moto que conducía.

No momento de producirse o accidente, o motorista circulaba á altura da parroquia de Ledoño, no termo municipal coruñés de Culleredo. Así o indicaba persoal do 061 ao 112 Galicia, sobre as 19:00 horas da tarde pasada.

Debido á gravidade das lesións, desprazouse ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, que aínda que tomou terra no mesmo lugar dos feitos, o ferido puido ser trasladado en ambulancia ata o Hospital Clínico Universitario da Coruña.

O CIAE nada mais ser alertado polos servizos sanitarios informou do acontecido á Garda Civil de Tráfico, Policía Local, Bombeiros de Arteixo e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Coche envorcado en Santiso
Tamén, esta madrugada, sobre a 01:30 horas, o CIAE recibía a alerta dun particular que informaba dun coche envorcado en San Román, á altura do punto quilométrico 7 da DP-4603. Tras indicar da posibilidade de xente atrapada no interior do turismo, nada mais recibir o aviso, o CIAE puxo en alerta aos Bombeiros de Arzúa e ao 061-Urxencias Sanitarias. Así mesmo, solicitou a colaboración dos axentes de Tráfico.

Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron a existencia do único ocupante do turismo. Maila que o ferido estaba atrapado por un brazo, non foi preciso o emprego do material de excarceración. Tras ser liberado, foi trasladado nunha ambulancia do 061 ao centro hospitalario de referencia.