Escuchar
luns, 20 Agosto, 2018

O condutor dunha moto perdeu a vida a pasada noite en Curtis despois de que o vehículo no que circulaba chocase contra un coche. Ademais, segundo se lle indicou ao 112 Galicia, unha persoa que viaxaba no turismo resultou ferida.

O accidente ocorreu no lugar de Teixeiro, concretamente no punto quilométrico 672 da N-634, ao fío das 21:55 horas. Nese momento, unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia do sinistro.

Acto seguido, dende o CIAE 112 Galicia pasábase o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Curtis e aos Bombeiros de Betanzos.

Unha vez no lugar do accidente, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida ao motorista.