Escuchar
luns, 24 Setembro, 2018

Un katesurfista faleceu esta mañá mentres practicaba este deporte na Praia do Vao, na Illa de Arousa.

Ás 11:00 horas, os xestores do 112 Galicia recibían o aviso dun particular que alertaba dun mozo en apuros na Praia do Vao.  Nese momento, persoal sanitario comunicaba tamén ao 112,  que o mozo xa fora rescatado da auga e que o helicóptero medicalizado con base en Santiago se dirixía ao lugar. Por iso, solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil e da Policía Local. Ademais, informouse da situación a Salvamento Marítimo e ao Servizo de GardaCostas de Galicia. Tamén, os Bombeiros do Salnés, tras ser coñecedores do suceso, desprazáronse ata  o lugar por si fose precisa a súa intervención. Segundo relataron, o mozo, tras ser golpeado polo mar foi rescatado polo seu propio compañeiro, que tamén practicaba este deporte.

Finalmente, pese aos intentos de reanimación, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.