Escuchar
luns, 24 Setembro, 2018

Unha persoa faleceu a pasada noite despois de comezar a arder o vehículo có que circulaba ao seu paso pola localidade de Ferrol.

Sobre as 23:00 horas da pasada noite, varios particulares poñían en alerta ao 112 Galicia. Indicaban que había un coche ardendo con xente no seu interior, na estrada de Catabois, na rotonda do Club Jade.

Decontado, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, puxéronse os feitos en coñecemento do persoal sanitario, dos Bombeiros da cidade e dos axentes de Tráfico. Tamén, foron alertados  os Bombeiros de Narón , os efectivos de Protección Civil de Ferrol e a Policía Local que nada mais chegar ao punto, confirmaron que a persoa estaba falecida e que eran precisos os medios de excarceración para a súa liberación.

Tres feridos en A Laracha
Por outra banda, esta mañá, ás 07:45 horas, os xestores do 112 recibían o aviso dun particular que informaba dun choque entre dous turismos que circulaban pola AC-552, ao redor do punto quilométrico 21, en  CaboVilaño, no concello coruñés da Laracha.

Tamén, neses intres, persoal do 061 comunicaba ao 112 Galicia que tres persoas resultaran feridas a causa dun accidente. A partir de aí, dende o CIAE pasouse aviso á Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Carballo e aos efectivos de Protección Civil .