Escuchar

Un accidente en Lugo deixa tres persoas feridas

Unha colisión entre dous vehículos sáldase con tres persoas feridas, en Lugo. Todas elas tiveron que recibir asistencia sanitaria.

O sinistro tivo lugar na Avenida da Coruña, á altura do número 452.

O 112 Galicia tivo coñecemento do ocorrido ás 13:30 horas de hoxe, a través dun aviso de Urxencias Médicas.

Pola súa banda, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou aos Bombeiros de Lugo, a Protección Civil e á Policía Local.

 

Dúas persoas feridas nun choque frontal en Santiago

Unha colisión entre dous turismos rexistrada esta tarde en Santiago de Compostela deixa dúas persoas feridas.

Segundo a información facilitada ao 112, os dous vehículos bateron de fronte, cando circulaban polas Casas do Monte, na parroquia de Laraño. En concreto, os feitos producíronse na vía que conecta coa AG-56.

O 112 Galicia recibiu o aviso dunha persoa particular minutos despois das 15:00 horas desta tarde.

Os profesionais do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertaron a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Santiago. A situación tamén foi posta en coñecemento de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico.

No lugar do accidente producíronse retencións ata que a situación quedou normalizada.  

 

Unha persoa ferida tras dar varias voltas de campá na Autovía do Barbanza

Unha persoa resultou ferida hoxe na AG-11, ao seu paso por Rianxo, nun accidente de tráfico. O vehículo no que circulaba a vítima saíuse da vía, deu varias voltas de campá e acabou batendo contra a medianeira da autovía.

O sinistro produciuse á altura da ponte de Taragoña, en sentido Ribeira. Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 13:50 horas de hoxe para dar conta dos feitos.

Dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informouse decontado a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Boiro e de Ribeira. O sinistro tamén foi posto en coñecemento de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico.

A persoa ferida foi trasladada nunha ambulancia a un centro sanitario, aínda que nun primeiro momento tamén se mobilizou ao lugar dos feitos un helicóptero medicalizado.

Accidente en Poio
Por outra banda, en Poio, unha persoa resultou ferida nun accidente no que se viron implicados dous turismos e unha furgoneta. Segundo se lle indicou ao 112, o estado da vítima non reviste gravidade.

Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia ás 16:40 horas desta tarde para dar conta do sinistro. Segundo indicou, os feitos producíronse na rúa Río Umia.

Con estes datos, o persoal da central de emerxencias do 112 alertou a Urxencias Médicas, ao GES de Sanxenxo, a Protección Civil e á Policía Local.