Escuchar

Unha colisión múltiple deixa unha persoa ferida en Ponte Caldelas

Unha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado esta mañá en Ponte Caldelas. No sinistro víronse implicados catro vehículos.

Foi unha persoa particular a que deu a voz de alarma ao 112 Galicia ás 9:35 horas desta mañá.

A colisión produciuse na PO-532, á altura da Reigosa, na parroquia de Tourón.

O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias deu conta da situación ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros do Morrazo. Tamén se alertou á Garda Civil de Tráfico.

Accidente en Quiroga
Por outra banda, en Quiroga, unha saída de vía deixa unha persoa ferida. O sinistro aconteceu na N-120, preto do túnel de Montefurado.

O 112 tivo coñecemento dos feitos ás 9:50 horas desta mañá, a través dun aviso do 061-Urxencias Sanitarias. Pola súa banda, dende a central de emerxencias do 112 informouse aos Bombeiros de Monforte, ao GES de Quiroga, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.