Escuchar

Dúas persoas feridas nun accidente de tráfico en Oleiros

Dúas persoas resultaron feridas esta tarde ao colidir outros tantos coches en Oleiros. O accidente tivo lugar na Ponte de Pasaxe, á altura da parroquia de Perillo, ao fío das 16:30 horas.

Nese momento, o 061-Urxencias Sanitarias contactaba co 112 Galicia para dar conta do sinistro. Os efectivos sanitarios indicaban que as persoas feridas atopábanse accesibles.

A partir de aí, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaba o aviso a Protección Civil, á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Arteixo.

Atropelo
Por outra banda, en Monforte de Lemos, un atropelo saldábase cunha persoa ferida. Os feitos producíronse na rúa Carlos Casares, á altura do número 96.

O 112 Galicia tivo constancia do atropelo a través da alerta do 061-Urxencias Sanitarias ás 18:00 horas.

Nese momento, dende o CIAE informábase do ocorrido á Policía Local, a Protección Civil e aos Bombeiros de Monforte.