Boletín Informativo das 13:00 horas do día 07/12/17

xoves, 7 Decembro, 2017 - 13:00
Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Ferida unha persoa en Narón tras ser atropelada por un turismo

Unha persoa resultou ferida despois de ser atropelada por un turismo nun paso de peóns, á altura do número 174 do Alto do Castaño, en Narón. O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE) tivo constancia do suceso sobre as 11:30 horas de hoxe, a través do persoal do 061-Urxencias Sanitarias.  

A partir de aí, dende o CIAE solicitouse a colaboración da Policía Local e de Protección Civil. Tamén, os Bombeiros de Narón foron informados.

Coche calcinado
Os Bombeiros de Boiro extinguiron esta mañá un incendio que calcinou un turismo na súa totalidade. Foi o mesmo condutor quen, ás 12:00, chamou ao 112 Galicia para indicar que ía circulando á altura de Bealo, en Boiro, e o coche lle empezara a arder polo motor.

Así, con estes datos, o CIAE pasou aviso aos membros do parque comarcal. Tamén se puxeron os feitos en coñecemento dos axentes de Tráfico e de Protección Civil. Segundo informaron os Bombeiros, o coche ardeu na súa totalidade.