Escuchar

Unha persoa faleceu esta mañá a causa dun atropelo na Autovía do Barbanza

Os axentes da Garda Civil de Tráfico confirmaron esta mañá o falecemento dunha persoa arroiada por un turismo no punto quilométrico 24 da Autovía do Barbanza en dirección a Padrón, ao paso polo concello de Boiro.

Foi o condutor do vehículo implicado quen, ás 7:30 horas de hoxe, se puxo en contacto co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para pedir axuda. Decontado, o persoal do 112 Galicia informou aos profesionais de Urxencias Sanitarias, así como aos axentes da Garda Civil de Tráfico e efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Boiro, pero nada se puido facer por salvar a vida da persoa.

Ademais, como consecuencia do accidente, viuse interrompido o tráfico no carril dereito da AG-11 en sentido Padrón, á altura do punto quilométrico 24, mentres as forzas de seguridade procederon ao levantamento do cadáver.