Escuchar
luns, 24 Setembro, 2018

Un alpendre situado ao carón dunha vivenda e no que se refuxiaban diversos animais resultou completamente calcinado.

Por fortuna, ningunha persoa resultou ferida e os animais puideron ser retirados a tempo nada mais comezar o lume. Tampouco a vivenda se viu afectada. Iso si, as lapas, calcinaron un tractor, distintos apeiros de labranza e diversas alpacas de herba seca que se acumulaban no interior do alpendre.   

Nada mais recibir a chamada dos donos,  sobre as 22:45 horas deste domingo, o 112 Galicia pasou aviso aos Bombeiros de Ribadumia que decontado se desprazaron ao punto, no lugar da Carballeira, en A Barcia do Seixo, no concello pontevedrés da Lama. Do mesmo xeito, os efectivos de Protección Civil da Mancomunidade Oitavén-Tea tamén foron informados da situación.  

Así mesmo, ata o lugar, tras ser alertados polo 112 Galicia, desprazáronse os membros de extinción   de Pontevedra e do Morrazo. Tamén, persoal do servizo provincial de incendios prestou a súa colaboración nas tarefas de extinción.  

Ao fío das 02:30 horas, os membros de extinción de Ribadumia comunicaban a total extinción do lume, non obstante, aínda que os rolos de herba que non arderon foron removidos e a arrefriada, farían quendas de vixilancia para evitar que o lume se reproduza.