Alertas

ADVERSO VERMELLO POR COSTEIROS

Dende: 17 Xaneiro, 2018 - 12:00 Ata:

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa, no boletín nº 17/71 GAL emitido o día 17/01/2018 ás 8:48 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso COSTEIRO de NIVEL VERMELLO por mar combinada que se iniciará ás 12:00 horas do día 17/01/2018.
A partir das 12:00 horas do 17/01/2018, a mar combinada do NW alcanzará de 8 a 9 m. no Noroeste e Oeste da provincia da CORUÑA e no litoral da provincia de LUGO (NIVEL VERMELLO), prolongándose esta situación ata final do día e pasando posteriormente a niveis LARANXA (mar combinada de 6 a 8 m.).
No resto do litoral da Comunidade Autónoma mantense a situación de mar combinada do NW que poderá superar os 7 metros (NIVEL LARANXA).

Ver en mapa de adversos

AMPLIACIÓN ADVERSO LARANXA COSTEIRO

Dende: 16 Xaneiro, 2018 - 20:33 Ata:

AMPLIACIÓN DE INFORMACIÓN SOBRE O FENÓMENO METEOROLÓXICO ADVERSO COSTEIRO DE NIVEL LARANXA PREVISTO PARA O DÍA 17 DE XANEIRO
A Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET), a través da Delegación Territorial en Galicia, informa, respecto ao Fenómeno Metorolóxico Adverso de nivel LARANXA por mar combinada que está a sufrir o litoral de toda a Comunidade Autónoma de Galicia, que a partir da media mañá do día 17-01-2018 e ata o final da tarde do mesmo día, a situación de oleaxe por mar de fondo nas zonas Noroeste e Oeste da provincia da CORUÑA e no litoral da provincia de LUGO, PODERÁ ACADAR OS 8 METROS DE ALTURA, cun período alto en ditas zonas que fai que sexan OLEAXES MOI ENERXÉTICOS que poden xerar IMPACTOS DE CONSIDERACIÓN no litoral na primeira liña de costa.

Ver en mapa de adversos

ADVERSO LARANXA POR COSTEIROS

Dende: 16 Xaneiro, 2018 - 15:00 Ata:

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa, nos boletíns nº 15/71/GAL e 13/71 GAL emitidos o día 15-01-2017 ás 10:50-11:30h horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso COSTEIRO por MAR COMBINADA do noroeste de 5 a 7 metros que afectará a todo o litoral da comunidade autónoma e que se iniciará ao mediodía do dia 16 na Coruña (Noroeste,Oeste) e Lugo, e na madrugada do día 17 para o resto: A Coruña (Suroeste) e Pontevedra.

Ver en mapa de adversos